PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Así vexo o meu barrio

Así vexo o meu barrio: o mes que vén achegámonos ao barrio de Montirón O motor dos socialistas é traballar para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Lugo, da zona urbana e da rural.

Este espazo nace coa vocación de se converter nun importante punto de encontro e comunicación con todos e cada un de vós, residentes en calquera barrio ou núcleo de poboación do rural lucense.

Cada quincena, un barrio ou parroquia será a protagonista. Achegarémonos canda os veciños e veciñas ás necesidades e preocupacións que existen na zona, pero tamén comentaremos e compartiremos todo aquelo que mellorou do lugar e que tanto nos gusta.

Así vexo o meu barrio é unha fiestra aberta para todos aqueles que queiran participar connosco neste percorrido polo municipio de Lugo, a través dos vosos comentarios, suxerencias e fotografías.

Anímate a participar porque en Lugo contamos todos!!


+ envía a túa foto e comentario


Esta quincena achegámonos ao barrio de A MILAGROSA
O barrio de A MILAGROSA

Jaime:

Así vexo o meu barrio, o da Milagrosa: como unha zona tranquila, onde nos gusta pasear, disfrutar da cidade e da convivencia cos nosos veciños e veciñas...

Julia: Teño 32 anos e, dende cativa, vivo na Milagrosa. É incrible o que o barrio cambiou dende entón, especialmente na última década. Non parece o mesmo. Na Milagrosa gozamos dos privilexios de vivir nun barrio, sen estar xa illados do centro, no que se refire a comunicacións, dotacións nin atencións por parte do Goberno Local. Dende logo, eu estou máis que orgullosa de vivir na Milagrosa.

   




Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos