Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos
20 de agosto de 2008
PSdeG - PSOE Lugo
Coñece a Orozco
Coñece ao seu equipo
Programa
Plano estratéxico
PSOE = Feitos
Album de Fotos
Actualidade
Entrevistas e artigos
Novas Municipais
Axenda
Afíliate
Multimedia
Comunicación
Inicio

NOVAS MUNICIPAIS


Enquisa
Que che parece o proxecto do novo museo da cidade (MIHL)?
Gústame moito, é moi innovador
Está ben
Non me gusta
Ver resultados

Citas


isto non se para
Así son eu. José López Orozco. Alcalde de Lugo
Sabía vostede que José López Orozco nadou nun mar de tabeiróns e que o seu actor favorito é o mesmo Marlon Brando? Se quere descubrir máis datos do noso alcalde, siga lendo.
José López Orozco naceu hai 59 anos nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas.

Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el.

No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos.

Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz.

Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. De feito, é o político máis valorado de Galicia pola cidadanía.

Di que a súa maior preocupación neste momento é que chegue a paz a España e que se acabe co terrorismo.
Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses.

Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida.

Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia, di que non ten bolboretas no estómago antes dun mítin. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición.

Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete.


Un vicio inconfesable? Pois si, tamén ten un: a comida. Di que lle encanta comer, pero que un dos seus pratos favoritos é a ensalada, así que pensa que cando se reencarne será en coello.

José López Orozco ten os ollos marróns, calza un 44 e cre nas posibilidades de mellora que ten unha cidade coma Lugo. “Non está todo feito” -repite sen parar- “por iso me presento de novo”. Dende logo forza e ilusión non lle faltan, e o mellor, é que está tolo por Lugo.

> Video

PSdeG-PSOE, Rúa Salmón, nº 4-6 Entresuelo 27003 Lugo (Lugo)
Tfno.: 982297192 - 982245723
Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos