PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Actualidade

> O Goberno Socialista do Concello de Lugo defende no pleno a gratuidade do aparcamento do novo hospital

O Goberno do Concello de Lugo reclama a gratuidade do aparcamento no novo Hospital porque tanto a infraestrutura sanitaria como o aparcamento “construíronse en terreos donados polo pobo de Lugo”, segundo salientou o voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, no pleno municipal.
Rábade considera inxusto que os veciños teñan que pagar por estacionar o seus vehículos cando acudan ó hospital que é un servizo esencial. “A xente non vai aparcar alí para facer a compra” ironizou o voceiro do equipo de Goberno e Concelleiro de Tráfico.

Tamén respondeu ós argumentos da Consellería de Sanidade sobre a existencia doutros hospitais galegos nos que se cobra por aparcar e lembroulle á Consellería que no Complexo hospitalario universitario de Santiago hai 1.000 plazas de estacionamento gratuíto.

Ademáis o voceiro do equipo de Goberno reiterou que o Concello non vai poñer o sistema ORA nas proximidades do novo Hospital, nin nas vías de acceso nin nas zonas perimetrais, como xa anunciou o Concello logo de que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, recoñecera no Parlamento que a súa intención é cobrar por aparcar no parking do Hospital.

Contra o traslado das especialidades

Na sesión plenaria, o Goberno local tamén amosou a súa oposición a outro proxecto de Sanidade, o traslado do Centro de Especialidades da rúa Ferrol, unha medida que suporía recortar servizos no centro coa conseguinte repercusión económica para establecementos comerciais e de hostelería da zona.


volver







Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos