PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Actualidade

> O Concello de Lugo destinará máis de 10 millóns de euros co fin de mellorar o emprego e a cidade

O Alcalde socialista López Orozco explicou que se acometerán un total de 29 proxectos, prestando especial interese ao gasto social

O Concello de Lugo celebrou hoxe unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que aprobou os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan Zapatero de 2010. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que o FEESL 2010 destina 10.315.172 euros a Lugo que se investirán en obras importantes desde o punto de vista das novas tecnoloxíase o medioambiente co fin de mellorar a cidade e crear emprego.

“Interesanos apostar polo fortalecemento de empresas e do emprego na cidade”, expuxo. Manifestou que o Concello de Lugo está satisfeito porque o fondo permite seguir facendo investimentos para mellorar a cidade como levamos facendo durante dez anos.

“Queremos cumplir con esa responsabilidade polo que empregaremos o diñeiro público para conseguir unha cidade mellor dotada e cunha boa calidade de vida”, expuxo.

López Orozco recordou que en 2009 se financiaron 79 proxectos con cargo ao FEIL que conseguiron dar emprego a 1.000 traballadores. Do total de proxectos, o Concello só tivo que pedir prórroga para o remate de 10, que se acometerán nos vindeiros meses.

O prazo máximo para facer chegar as fichas das solicitudes é o 4 de febreiro, polo que o Concello de Lugo cumpriu cos prazos establecidos. Un total de 11 proxectos xa foron enviados a través da Subdelegación do Goberno en Lugo, aos que se suman os 18 aprobados hoxe por un importe de 3.848.000 euros.

Proxectos por áreas:
Novas tecnoloxías 350.000 euros
Renovación abastecemento e saneamento 1.411.500 euros
Seguridade viaria e transportes 280.000 euros
Deportes 400.000 euros
Alumeado con aforro enerxético 400.000 euros
Zona rural 1.000.000 euros

Entre as rúas beneficiadas, o Alcalde referiuse a Illas Cíes, Río Cabe, Illa de Man, Músico Falla, Mestre Soutullo, Marina Española, Pintor Corredoira, A Milagrosa, Parroquia de Pías, Bosende de Abaixo ou Orbazai.

Lista de proxectos aprobados hoxe:

- Protección, conservación, recuperación e restauración integral do Parque Histórico Rosalía de Castro
- Proxecto e execución da instalación museolóxica do museo interactivo da historia de Lugo
- Lugo, igualdade e benestar social
- Centro de día
- Presentación integral das actividades de animación sociocultural
- Casa das Línguas
- Servizo de Vixilancia no Fogar do Transeúnte
- Servizo de comida no domicilio
- Programa de educación familiar
- Aula de creatividade: aprende xogando- Ociotecas
- Limpeza de colexios públicos do Concello de Lugo
- Conexión de diferentes centros de convivencia e culturais co CPD de diferentes Centros de Convivencia e Culturais co CPD do Concello de Lugo mediante fobre óptica
- Adquisición de software para conexión de ERP Municipal á dirección xeral de tráfico e renovación do software servidor do correo electrónico.
- Extensión de banda ancha mediante tecnoloxías WIMAX/WIFI nas zonas rurais do municipio de Lugo- Fase II
- Renovación de abastecemento e saneamento na Rúa Illas Cíes
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Río Cabe (tramo San Lorenzo - Perpetuo Socorro)
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Illa de Man (T.M. Lugo)
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Músico Falla.
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Mestre Soutullo
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Marina Española.
- Adecuación e mellora de acceso ao edificio municipal destinado a Casa de persoas con Discapacidade
- Mellora de accesibilidade a edificio municipal destinado a Casa da Xuventude.
- Mellora Seguridade Vial no Concello de Lugo
- Alumeado público Rúa Pintor Corredoira e outras
- Pista de tenis cuberta no recinto municipal da Milagrosa
- Saneamento da parroquia de Pías (T.M. Lugo)
- Renovación de abastecemento e saneamento en Bosende Abaixo (T.M. Lugo)
- Mellora da Seguridade Vial da ponte sobre o río Mera en Orbazai (T.M. Lugo)
- Mellora da eficiencia e sostenibilidade do transporte público de Lugo (TM Lugo)


volver







Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos