PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Actualidade

> A Fundación Jacinto Calvo aboga por unha economía sostible con I+D+i

A Fundación Jacinto Calvo, presidida por Miguel Vázquez Calvo, celebrou onte unha xornada para analizar modelos para unha Europa sostible.



A Fundación Jacinto Calvo celebrou onte unha xornada para analizar modelos para unha Europa sostible,na que se concluíu que a base debe ser a potenciación da investigación, desenvolvemento e innovación. Os relatores coincidiron en que a innovación é a mellor base para unha economía de futuro, que resista de forma máis efectiva as fluctuacións dos mercados.

A Fundación Jacinto Calvo é unha entidade progresista que pretende promover e fortalecer o debate de ideas, fundamentalmente dende a posición da esquerda, como defenden os membros do seu Padroado, pero sempre aberta a outras posicións ideolóxicas, políticas, e incluso a outras formas distintas de entender a sociedade. Esta entidade deberá aportar debate e reflexión á sociedade lucense. Na xornada do día 19 de decembro falouse da crise, os patróns da Fundación e políticos de renome tentaron achegar solucións a esta crise, máis que nada, para que non se volva a repetir unha situación deste tipo ou estar mellor preparados para afrontala, grazas ás aportacións de diversos representantes de importantes colectivos da nosa sociedade. Tamén se avaliou cómo enfocar o novo modelo económico futuro. Neste senso, lembrouse o modelo económico presentado por Zapatero, calificándose como unha peza fundamental para desenvolver novo modelo produtivo nun futuro. “España necesita un modelo máis sólido máis, consiste, para que non estea suxeito a avatares ou a situacións como as de hoxe por hoxe”, aseguran dende a Fundación.

O presidente, Miguel Vázquez Calvo, deu a benvida ao primeiro acto público da Fundación Jacinto Calvo, tras constituírse e presentarse publicamente, cun chamamento “a todos aqueles que inspirados nos principios da loita pola liberdade e o compromiso coa sociedade e coa democracia, que acompañaron a Jacinto Calvo ata o fin dos seus días, que se acheguen ata esta entidade, aporten ideas, colaboración, que desenvolvan as súas inquedanzas sociais dende a Fundación”. Así mesmo invitou aos presentes a participar nas actividades e na xestión da Fundación.

Ricardo Varela, membro do Padroado da Fundación e encargado de inaugurar esta xornada titulada “Por unha Europa sostible”, falou da Fundación Jacinto Calvo como “un viveiro de ideas de esquerda, un foro de debate aberto a toda a sociedade”. En relación á temática do evento, o secretario xeral da Executiva provincial do PSdeG-PSOE insistiu que os temas escollidos tanto para a conferencia como para o debate foron moi atinados, “están hoxe na palestra, tratar temas como a superación da crise e a busca de novo horizonte para gañar competitividade, permitiranos estar preparados para un futuro no que se poderían producir situacións similares. Pese a que a crise é imprevisible, o tratamento non é igual no conxunto dos distintos países; polo tanto os efectos non son os mesmos”.

“Os distintos gobernos se enfrontan con posicións distintas á crise, en función da lóxica de cada goberno. A dereita pretende deixar que o propio sistema se arranxe así mesmo, polo tanto, as consecuencias e amortiguación dos efectos sobre determinados sectores da sociedade non están incluídas nas prioridades de actuación deses gobernos. O goberno de España tivo moi claro que non pudendo evitar a crise e os seus impactos, debía de tratar de dosificar e diminuír o impacto que tivo en diversos sectores da sociedade. Por iso se puxeron en marcha políticas moi importantes en canto a investimento público, posibilitando que o gran drama da crise, o desemprego afectara con menos crueza. Esforzo público protección social, esforzo público que se conxugan e son fundamentais para rematar con ela”, destacou.

“En Galicia, lamentablemente vemos unha situación distinta a outras comunidades. Hoxe hai o dobre de paro que cando comezou a crise. Segundo quen goberne as cousas funcionan de forma distinta”, asegurou Varela, lembrando a actuación do PSdeG. “De aí o bo, destes foros, que sirvan para facer unha comparativa entre distintas administracións”, insistiu.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Antolín Sánchez Presedo, durante a conferencia “Crise global: recuperar a prosperidade”, explicaron a orixe internacional da crise, así como a súa dimensión financeira, a crenza de que os mercados son capaces de autorregularse, sen necesidade de intervención do Estado, debilitando así as obrigas de regulación e de supervisión que teñen os estados xa na orixe das crises. Estas situacións, as veces, complícanse coas burbullas inmobiliario-financeiras; nalgúns países como España ten afectado familias, empregos, as empresas, aos traballadores, entre outros, e mesmo acabou condicionando a nosa forma de vida. Tamén fixeron referencia á aplicación, nestes casos, de políticas de estabilización dos estados financeiros; pero, a súa vez, do impulso, a través do gasto público, da demanda, para poder soster a economía; e unha atención específica ao mercado de traballo onde as políticas de formación e de facilitar a empregabilidade dos traballadores son básicas.

Por outra banda, explicaron que é necesario continuar coas reformas estruturais no marco da Estratexia de Lisboa para o crecemento e o emprego, cun espírito de asociación entre as institucións e os Estados membros. Durante 2010 revisaranse dos programas de gasto de UE, tendo como prioridades a protección dos intereses financeiros das comunidades.

Por último, Manuel Vázquez dixo deste acto “que mete o dedo na iaga do futuro deste país; aborda a temática de cómo saír cara o futuro dun xeito sostible, fronte a unha política moi conservadora que mira só cara o pasado os socialistas miramos cara o futuro. Galicia que ten unha gran potencialidade nas súas capacidades ten que escoller a senda do coñecemento, do I+D, das políticas sociais, do medio ambiente. O PSdeG-PSOE cree firmemente que non se pode retroceder ao ano 1996, debemos abordar e escribir un futuro sostible para Galicia”, incidiu.

“O gran elemento que nos diferenciará, que nos fará competitivos será o coñecemento, farase dende o respecto as políticas sociais e medioambientais. Combinar eses tres elementos, sen medo, é o cóctel que vai a decidir as políticas de futuro, non hai que inventar nada, os modelos conservadores de Europa, de Sarkozy e Merkel, e en España coa Lei de Economía Sostible; nembargante Galicia apostou polos recortes en políticas sociais, en educación, en universidades, en I+D. Este goberno anda para atrás, e nós, os socialistas intentaremos en todos os foros construír unha Galicia distinta que crea en si mema e que aposte pola liña de futuro”, rematou o secretario xeral do PSdeG-PSOE.


volver







Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos