PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Actualidade

> O Goberno Socialista do Concello de Lugo presenta un PLAN DE MOBILIDADE SOSTIBLE para Lugo

O Plan de Mobilidade é unha aposta a favor dun espazo público de calidade, medioambientalmente sostible e onde os cidadáns ganarán habitabilidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a presentación do Plan de Mobilidade e espazo público para a cidade. Trátase dun documento elaborado pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona cuxos principios básicos se fundamentan no aumento do grao de habitabilidade urbana, a contención do uso do automóbil para favorecer a sustentabilidade global, a contaminación atmosférica e acústica, e o afondandamento no esforzo a favor dun espazo público de calidade.

Na súa intervención, José López Orozco, destacou que o plan é un proxecto integral de modelo de cidade para abordar de xeito continuo, gradual. “Un plan a medio prazo que permitirá camiñar cara a unha economía productiva e competitiva”, incidiu.

Trátase, segundo subliñou, de construír un Lugo neutro de emisións e unha nova ordenación que reduza a dispersión e fomente o protagonismo do cidadán no espazo público. Así mesmo, animou ás forzas vivas da cidade, á cidadanía e á oposición a traballar por un documento ambicioso e chegar ao consenso preciso para a súa implantación. López Orozco anunciou a creación dun foro de debate para a discusión do plan.

Entre as propostas recollidas no plan atópanse as seguintes:
1. Humanizar a cidade e mellorar a súa habitabilidade
2. Aumentar a calidade do espazo público en termos de accesibilidade
3. Reducir o impacto ambiental da contaminación e o ruído nas rúas
4. Mellorar a imaxe visual no contorno da Muralla
5. Redefinir as redes de transporte público de cara a mellorar a eficiencia do sistema en termos de accesibilidade e cobertura
6. Reorganizar o tráfico de forma que o vehículo de paso transite a través dunha rede viaria básica liberando as vías secundarias
7. Consolidar unha rede de bicicletas que estableza unha serie de eixos principias e percorridos, de cara á máxima utilización da bicicleta como medio de transporte urbano
8. Configurar unha rede peonil que minimice a coexistencia do peón co vehículo privado e permita conectar a pé os principias puntos de interese da cidade
9. Identificar as demandas infraestructurais de aparcamento e de espazos necesarios para a xestión de carga e descarga de mercadorías


O estudo propón un modelo de cidade que pretende mellorar a calidade urbana e a calidade de vida dos cidadáns de Lugo, á vez que mellorar a funcionalidade e a organización do sistema urbano da cidade.

As propostas potencian os modos de desprazamento máis sostible, é dicir, preténdese reducir o número de viaxes en transporte privado en beneficio do transporte público, a bicicleta e a pé.

Tamén se debuxa un novo espazo público con un reparto para os seus usos e funcións distinto ao actual. Coas propostas, o 46% do espazo público viario destínase ao peón, mentres que hoxe en día o 71% está reservado para os usos do coche. Isto supón que o cidadán se sinta outra vez como tal, xa que volve ocupar a maioría do espazo público sen restriccións.

Téndese a un espazo público de gran calidade, con menos ruído, sen tanta contaminación, máis seguro e atractivo e que potencie o contacto e a convivencia entre persoas de calquera idade e condición social. O cidadán xa non e peón, a rúa xa non é só un lugar de paso, é un lugar e sobre todo é estancia e convivencia onde poden desenvolverse a maioría das funcións urbanas.

O plan propón un escenario de supermazás no cal o espazo público que se dedica á vialidade do peón pasa do 19% actual ao 30% diminuíndo na mesma proporción o espazo relacionado cos vehículos. Así mesmo, coas supermazás, as beirarrúas acadan o 46% do espazo e a calzada o 54%, polo que a superficie queda repartida case ao 50%.

O Plan presentado hoxe pretende así mesmo, mellorar a calidade do tráfico como forma para mellorar substancialmente a calidade do aire e o confort acústico.


A SUPERMAZÁ, clave para unha mobilidade sostible
Unha supermazá ven delimitada por vías básicas que configuran unha área cuxo interior inclúe un conxunto de mazás. O tráfico de paso ten o acceso restrinxido ao interior da supermazá. Este ámbito convirtese nun lugar preferente para o peón, compartido con ciclistas, vehículos de servizo, de emerxencias ou de residentes. Dentro da supermazá as rúas pasan a ser de plataforma única e a velocidade máxima establécese en 10 km/hora. O aparcamento de vehículos en superficie tende a reducirse.

O espazo público gañado convírtese nun espazo dispoñible para desenvolver usos e funcións de vida cidadá: paseo, estancia, xogo, ocio, festas…Ademais redúcese a contaminación e o ruído.

Carcaterísticas do modelo baseado en supermazás:
- Xerarquización da rede viaria: vías básicas e interior das supermazás
- Integración das redes de mobilidade: reestructutración da mobilidade en superficie nunha rede diferenciada para cada modo de transporte
- Reorganización da carga e descarga e do aparcamento: o aparcamento de vehículos en superficie suprímese gradualmente a favor da construcción de aparcamentos subterráneos
- Accesibilidade para todos: melloran as condicións de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, coches de nenos, maiores…
- Novo deseño do espazo público: o espazo público gañado convírtese nun espazo dispoñible para acoller novos usos e funcións da vida cidadá.

TRANSPORTE PÚBLICO URBÁN
Proponse un cambio na tendencia actual de modo que o sistema de autobuses sexa pensado e planificado máis como unha rede que como un sistema radial. A proposta plantexa a reducción das paradas de 403 a 267 na cal un total de 204 das actuais se manteñen.

As tres liñas de alta frecuencia terán entre 10 e 14 minutos de intervalo de paso mentres que as de baixa frecuencia varían entre os 30 e os 45 minutos. Así mesmo, as marquesiñas convertiranse en terminais de información urbana.

O novo sistema de mobilidade baseado nas supermazás convirtese nun verdadiero sistema de transporte de viaxieros de alta capacidade, innovador e competitivo.

O Plan recolle así mesmo, a extensión do transporte público urbano aos núcleos rurais a través dun sistema baixo demanda.

2,8 km DE CARRIL BUS
Proponse un carril bus no tramo da Av da Muralla que é interior de supermazá. Tamén se propón carril bus pero a contracorrente do sentido principal na Av da Muralla entre a Praza Bispo Odoario e o Carril Loudredos e na Av da Coruña. Nesta vía, entre a Ronda da Muralla e a Rúa Concepción Arenal, e debido ao estreito da sección, proponse que o carril bus contraconrrente comparta espazo coa bicicleta. En total propóñense 2,8 km de carril bus.


EXTENSION DO CARRIL BICI A 47,4 kM
A rede actual componse de dous tramos de carril bici que circulan polo Parque do Miño e pola Ronda de Fingoi representando un total de 4,6 km.

Proponse unha rede para bicicletas acorde coas necesidades de desprazamento dos cidadáns, integrada co resto de modos de transporte e que ofreza posibilidades reais de desprazamento na bici para as viaxes cotidianas máis alá do seu uso meramente deportivo e de ocio.

No interior da Muralla proponse a creación dunha zona de uso compartido da bici con outros modos de transporte, debidamente sinalizadas e que manteña sempre a prioridade para o peón.

Proponse extender a rede de bicis dos actuais 4,6 km aos 47,4 km.

A rede proposta mellora moi significativamente a accesibilidade aos equipamentos urbanos, situándoa a menos dun minuto do 80% deles. O 16% quedan situados entre 1 e 3 minutos, o 2% a distancias entre 3 e 5 minutos e o 2% restante a máis de 2 minutos.

Estacionamento das bicis e préstamo
Deben estar visibles, seguras, iluminadas, accesibles, protexidas dos axentes meteorolóxicos, evitar conflictos con peóns e co resto de vehículos.

Proponse incrementar o número de puntos de préstamo cunha cobertura a menos de 5 minutos ao 71,8% da población (60.258). Actualmente atópase nun 21,8% (18.331).

Proponse unha ampliación do servizo ata os 22 puntos de préstamo. O incremento en 17 estacións aumentará considerablemente a accesibilidade do servizo, achegándoo aos equipamentos de maneira que tan só un 21% deles estean situados a máis de 5 minutos a pé de calquera estación de préstamo.

NOVOS ITINERARIOS PEONÍS
O plan presenta unha rede peoníl baseada en tramos de intervías coincidindo co interior das supermazás. Son rúas con prioridade para o uso peoníl e cun deseño de plataforma única.

Un dos datos importantes é aquel referido á mobilidade para as persoas dependentes. O Plan dobra a cantidade de espazo público para as persoas con mobilidade reducida.

OUTRAS MELLORAS
O Plan de Mobilidade recolle así mesmo a necesidade de reconfigurar o transporte de mercadorías e a súa entrega, así como a importancia de reducir as prazas de aparcamento en superficie a favor dos aparcamentos subterráneos co obxectivo de liberar espazo público a favor do peón.

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN DO PLAN
O Goberno Local manterá hoxe ao longo do día unha reunión co CES, coa oposición e coas asociacións de veciños para presentarlles o plan e que comece o seu coñecemento, difusión e discusión. Mañá presentaráselle aos colexios profesionais. Así mesmo o Goberno estuda outras accións para dalo a coñecer a todos os cidadáns.

Na presentación do Plan do Goberno Local participaron, entre outros, o director técnico do mesmo, Miguel Negral, o coordinador da empresa redactora, Francisco Cárdenas, así como os Concelleiros de Protección da Comunidade, Medio Ambiente, Infraestruturas e a Delegada de Urbanismo


volver







Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos