PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Actualidade

> O PSOE denuncia o recorte de dereitos en educación ao eliminarse o sistema de prestamo gratuito dos libros de texto.

A executiva local do PSOE en Lugo entente que todo gasto en educación é unha inversión e non un gasto


A educación, igual que a sanidade, é un dereito fundamental para todos. O PSOE non renuncia a esa conquista da poboación, segundo anunciaron o secretario xeral da agrupación local, José Ramón Gómez Besteiro, e o vogal de educación na executiva, Carlos Ferreiro.

Os libros de texto non se lles daban ás nenas/os senon que formaban parte do material do centro. O goberno da Xunta lévase o material dos centros educativos con excusas demagóxicas e amparándose en estudios "ad hoc" pagados por intereses privados que nada teñen que ver coa realidade educativa.

O Partido Popular, ao través da Consellería de Educación, ven de ignorar recomendacions da UNESCO ou do Consejo Escolar do Estado entendendo que a Educación é un gasto e non unha inversión.

"Os 200 euros en libros e material escolar que terán que pagar a maioría dos pais a comezos de curso «si que é unha auténtica subida de impostos», segundo Besteiro. O presidente da Xunta e o conselleiro de Educación non están en contacto coa realidade porque o 70% dos galegos teñen que pagar agora os libros, «ou pensan que é rico», máxime nesta situación económica.

«Os mileuristas terán que pagar os libros, e tampouco terán dereito aos 180 euros ás familias con dous fillos nas que cada membro teña un salario de 778 brutos. A suposta austeridade do PP é pasarlle factura aos contribuíntes».

O PSOE lucense entende que hai un claro retroceso e a Xunta mesmo vai máis alá que o Goberno de Esperanza Aguirre, porque a presidenta madrileña marcou o albor da gratuidade dos libros nuns ingresos de 5.963 euros, en tanto que Núñez Feijóo o situou en 5.400.

Dende a executiva local do PSOE consideramos sospeitoso que antes de coñecerse o decreto algunhas grandes áreas comerciais xa adaptasen as súas ofertas. Tamén denunciamos as toneladas de papel que se tirará debido a que o ciclo dos libros era de catro anos.

Tamén entendemos que non será o único retroceso en educación. No 2010 vaise asinar un novo convenio do transporte que aventuran será restritivo, e nos comedores xa houbo algún cambio e consideran que o PP levará a mesma política restrictiva.


volver







Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos