Actualidade
CONGRESO PROVINCIAL DO PSOE
Ricardo Varela encabeza unha executiva provincial "preparada para afrontar os novos retos de futuro" O novo secretario provincial do PSdeG en Lugo destaca a representatividade de todos os territorios da provincia na nova excutiva
Ricardo Varela, nomeado hoxe novo secretario provincial do PSDEG-PSOE de Lugo, asegurou que esta executiva conformouse en base á nova visión de futuro dos socialistas galegos. “Os homes e mulleres que constituímos esta executiva lucense representamos todos os territorios da provincia, así como representamos tamén ás grandes e ás pequenas agrupacións”. O socialista subliñou, así mesmo, que a paridade foi unha das prioridades a manter dende o comezo da estruturación da súa lista.
O lucense engadiu que moitos dos elixidos forman parte de corporacións municipais da provincia, algúns deles alcaldes. Varela falou de que traballará a reo coas institucións gobernadas polos socialistas ao longo do territorio lucense, como é a Deputación, “para funcionar como un bimotor, que traballa na mesma dirección, a de impulso á provincia de Lugo”. Varela destacou, por outro lado, que máis do 50% dos membros deste novo equipo son menores de 35 anos.
Por último o novo secretario provincial dos socialistas lucenses subliñou que esta executiva “é unha mostra de que as novas xeracións do partido participan activamente no labor progresista do seu partido, mesmo incorporándose aos cargos de mando, como amosa a candidatura gañadora”.
Por outra banda, Ricardo Varela asegurou que “o máximo responsable do atraco municipal é Feijóo. Esa é a man que mece a cuna”, asegurou Ricardo Varela, con respecto aos casos de transfuguismo de Láncara e do Courel.
Antes de ser elixido como novo secretario provincial do PSDEG-PSOE de Lugo, Ricardo Varela aludiu a importancia da voz dos militantes, na defensa da súa candidatura.
Varela comprometeuse, ante os 102 delegados e os 200 convidados que asistiron ao Congreso socialista de Lugo, a traballar para fortalecer e mellorar o partido. “Este é o momento de utilizar a política para posibilitar un tránsito máis doado aos máis débiles a través da situación económica que estamos a vivir. Este é o momento de parar a esa dereita, unha dereita podre, que pretende limitar, recortar e cencenar o progreso en Galicia”, dixo. O lucense lembrou o traballo realizado ata o de agora na provincia polo anterior secretario provincial, Luis Ángel Lago Lage, e así mesmo agradeceu o apoio recibido dende o seo do Partido Socialista de Galicia tanto a nivel político, coma persoal.
COMISIÓN EXECUTIVA
RICARDO VARELA SÁNCHEZ, secretario xeral
SONIA VERDES GIL, vicesecretaria xeral
LUIS RODRÍGUEZ EDROSA, secretario de organización
MA. BELÉN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, secretaria de políticas sociais
JUAN JOSÉ DÍAZ VALIÑO, secretario de política municipal
JOSÉ CARLOS FERREIRO OTERO, secretario de educación
MA. PILAR GARCÍA PORTO, secretaria de economía sostible e emprego
PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ, secretario de cultura e deportes
JESÚS CEIDE LÓPEZ, secretario de acción electoral
DARYA FERNÁNDEZ GÓMEZ, secretaria de cooperación e movementos sociais
MIGUEL VILAR RIVAS, secretario de formación
PAULA VÁZQUEZ NÚÑEZ, secretaria de xuventude
JUAN CARLOS ARAÚJO RODRÍGUEZ, secretario de administración
MANUEL DACOSTA RIBERA, secretario de sectores produtivos
BEATRIZ VÁZQUEZ MONROY, secretaria de igualdade
HORACIO ROUCO FERRO, secretario de relacións institucionais
JOSÉ LUIS DÍAZ LÓPEZ, secretario de sanidade
LAURA CELEIRO GARCÍA, secretaria de estudos e programas
EMILIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, secretario de medio ambiente
JOSÉ LUIS GARCÍA RUBAL, secretario de autónomos e emprendedores
SECRETARÍAS EXECUTIVAS-
INÉS GÓMEZ ESCOBAR
ALFREDO LLANO GARCÍA
SANDRA FREIRE DEL VALLE
MA. PILAR SAAVEDRA MORANDEIRA
DARÍO CAMPOS CONDE
ROSA MARÍA MOSCOSO CONDE
ADORACIÓN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
ROSANA RIELO ROZAS
MARINA MOSQUERA RODRÍGUEZ
JOSÉ LÓPEZ FERNÁNDEZ