PSdeG-PSOE de LUGO Acceso restrinxido Contacto Engadir a favoritos


Preto do 100% do Programa Electoral do PSOE de Lugo está cumprido

O Goberno de José López Orozcoo pode recoñecer con orgullo que as promesas feitas a mediados do ano 2007, no comezo do actual mandato, están xa cumpridas ou EN MARCHA. Demóstrase unha vez máis que os compromisos do Goberno Socialista cos veciños e veciñas de Lugo son reais, e sempre se converten en FEITOs que benefician a Lugo e á súa xente.

PSOE = FEITOS

> LUGO: UNHA CIDADE MODERNA E COMUNICADA

INFRAESTRUTURAS

* Procurar a rápida contratación de todos os treitos das Autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense, así como do treito que as una o máis preto posible do concello coa Autovía do Cantábrico.

* Procurar a urxente contratación da nova Ponte sober o río Miño no barrio da Ponte-San Lázaro, no que xa traballa o Ministerio de Fomento. FEITO

* Promover o estudo urbanístico da nova estación intermodal para a chegada do tren de alta velocidade a Lugo e a súa materialización.

* Promover a realización do II Plan Paradai e a II Fase da Ronda Leste (estrada Fonsagrada - A Tolda). FEITO

* Seguir coa mellora do conxunto do firme, servizos e iluminación nas rúas da cidade, así como da súa humanización con árbores e mobiliario urbano para dar servizo aos cidadáns. EN MARCHA

* Realizar a iluminación do treito que falta na estrada de Santiago. FEITO

* Realizar un plan cuadrienial de arranxo dos viais do poligono do Ceao.

* Proseguir co saneamento da zona rural e a mellora dos accesos aos núcleos. EN MARCHA

> LUGO: UNHA CIDADE ATRACTIVA E DE FUTURO

CULTURA E TURISMO

* Crear unha Empresa Municipal de Cultura e Turismo que se encargue de desenvolver e xerenciar todas as potencialidades turísticas e culturais do Concello de Lugo.

* A través de convenios proseguiremos coa mellora e adecentamento do Centro Histórico e daquelas infraestruturas que posibiliten as actividades culturais. Nese sentido, construiranse dúas novas Bibliotecas: unha en Acea de Olga-Augas Férreas e outra na Piringalla. EN MARCHA

* Iniciar as obras e poñer EN MARCHA o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e o Auditorio. EN MARCHA

* Potenciar o turismo accesible, polo que incrementaremos as obras de supresión de barreiras nos espazos públicos e colaboraremos coa iniciativa privada, continuando o camiño que nos converteu en Premio Nacional Reina Sofía de Accesibilidade. EN MARCHA

* Fomentar os procesos de calidade e xestión medioambiental, tanto nos establecementos como nos servizos públicos de todos os demáis destinos turísticos.

* Propiciar, de forma intensa, os procesos para conseguir alongar a temporada turística, como elemento esencial da sostibilidade económica e social, así como o turismo de fin de semana. FEITO

* Seguiremos promovendo as visitas guiadas e teatralizadas polo recinto histórico así como potenciaremos as actividades de fin de semana para atraer visitantes á cidade. FEITO

* Seguiremos modernizando a páxina web para facela máis interactiva a fin de que, a través dela, tamén se poidan facer reservas e crearemos un apartado especial de turismo para nenos e nenas coa fin de fomentar o turismo de familia. FEITO

* Impulsaremos os procesos de profesionalización e formación de todas as persoas que traballen no turismo, seguindo a liña marcada a través do Plan de Calidade en destino.

* Propiciaremos convenios cos concellos e entidades que colaboren no coñecemento e destino turístico de Lugo. FEITO

* Fomentaremos actividades deportivas e de lecer, acuáticas e de sendeirismo no medio rural, coa posta en valor de novas rutas conectadas coas casas e atractivos do turismo rural. FEITO

* Promoveremos o coñecemento, uso e posta en valor do Camiño Primitivo de Santiago.

* Seguiremos fomentando, en colaboración coa Universidade e outros organismos, o turismo de reunións e congresos.

* Participaremos de xeito activos nas Asociacións de Cidades Amuralladas da Península Ibérica e na Asociación de Cidades Catedralicias, dúas redes nas que conseguimos situar a Lugo, ademais de ser recente Premio Nacional Ciudad Patrimonio de la Humanidad. FEITO

* Promover o turismo gastronómico en colaboración cos restauradores da cidade, establecendo un calendario de xornadas gastronómicas ampliamente anunciadas e un bono para varios establecementos. Manteremos iniciativas con tan boa acollida como o Concurso de Tapas e Pinchos, engadindo novas accións. FEITO

* Seguiremos promovendo a colaboración doutras entidades para a difusión e realización de actos culturais, así como da promoción da cultura tradicional. FEITO

* Impulsaremos que a Semana Santa lucense sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego.

> LUGO: UNHA CIDADE SOSTIBLE, PARA VIVIR

URBANISMO E VIVENDA

* Crear unha Xerencia de Urbanismo que se encargue da planificación e desenvolvemento do urbanismo en colaboración coa iniciativa privada, pública e EVISLUSA.

* EVISLUSA desenvolverá aqueles polígonos máis necesarios e que se van tramitar por cooperación na zona de Albeiros, Gándaras, Paradai e Barrio Feijóo.

* Mediante EVISLUSA atenderemos as necesidades de vivendas de promoción pública municipal para venda ou aluguer de colectivos desfavorecidos e mocidade, a partir dos aproveitamentos urbanísticos que correspondan ao Concello.

* Desenvolveremos un gran espazo verde na Piringalla. FEITO

* Aprobaremos o novo PEPRI e proseguiremos a rehabilitación do Centro Histórico e as axudas para a rehabilitación de edificios. FEITO

* Promoveremos a creación dun Consorcio para estudar, desenvolver e poñer en valor o rico patrimonio aqueolóxico do municipio.

* Neste importante desenvolvemento do Recinto Histórico é a hora da xestión do Carmen. Promoveremos o seu desenvolvemento urbanístico, con mazás completas que cubran as traseiras evitando imaxes que danan o contorno. Reservaremos un importante espazo central que recolla no seu interior os xacementos arqueolóxicos existentes.

* Propiciaremos a rehabilitación integral dos barrios, facendo proxectos como o do Sagrado Corazón, que estenderemos a Montirón, ás zonas da Milagrosa que desexen os veciños, así como a núcleos rurais significativos. EN MARCHA

* Proseguiremos a creación de zonas verdes nos barrios dentro dos polígonos que se desenvolvan, como as rúas Alcalde Portela en Garabolos, e Aquilino Iglesias Alvariño en Casás-Castiñeiro.

* Afrontaremos a rehabilitación do barrio Feijóo, creando unha zona con estutura propia e ordenada, integrada e ben comunicada co tecido urbano do contorno.

* Melloraremos as comunicacións no barrio de Albeiros, unha zona pechada en sí mesma, con malas comunicacións tanto coa avenida da Coruña como coas Gándaras. Xestionaremos a apertura do barrio coa cidade para convertelo nunha peza básica do desenvolvemento da zona norte da cidade. Puxemos as bases, agora levarémolas á práctica.

* Faremos das Gándaras un barrio de grande desenvolvemento, tanto en comunicacións como en dotacións. Haberá equipamentos deportivos, ampliarase o colexio e consolidarase un gran parque urbano na Ronda Intermedia.

* É necesario integrar aos ríos Rato e Fervedoira na vida do Sagrado Corazón e das Gándaras, mediante a protección das súas cuncas. Non cabe a menor dúbida de que o desenvolvemento do Plan Paradai, xa EN MARCHA, dará a estas dúas zonas da cidade un novo pulo.

* Converteremos o barrio da Cheda nunha importante zona de conexión das dotacións do río Miño e do centro histórico. Farase a través da rúa Pousadela, procurando unha integración efectiva co centro urbano, grazas ás prolongacións de río Mandeo ata o río Azúmara e o río Masma e sar cara ao norte.

* Converteremos o barrio da Ponte nunha zona dotacional de interese turístico cun alto grao de calidade medioambiental e paisaxística. A nova pasarela de San Lázaro, xa contratada, revitalizará eta zona e daralle interese turístico, converténdoa nun nexo de unión das diversas sendas verdes existentes.

* Co consenso debido, e despois dos estudos pertinentes, crearemos máis zonas peonís na cidade. EN MARCHA

* Impulsaremos, previa negociación coa Deputación Provincial, a creación dunha gran praza diante do Pazo de San Marcos, creando paseos de conexión cos xardíns da Deputación Provincial. EN MARCHA

* Temos a firme vontade de crear unha gran praza e área de lecer na zona da actual estación de autobuses -xa está en estudo o posible soterramento ou desprazamento da estación-.

* Promoveremos axudas e incentivos para propietarios dos edificios catalogados coa fin de compensar a súa conservación. FEITO

* Seguiremos potenciando o embelecemento e o ornato dos barrios coa segunda edición do Programa Lugo Ponte Bonito. Desenvolvemento sostible

* Paulatino soterramento dos colectores de lixo e obriga de instalaldos así nas novas instalacións. EN MARCHA

* Potenciar a agricultura ecolóxica, produtos artesáns e de calidade.

* Impulsaremos unha maior riqueza biolóxica no conxunto dos parques e zonas verdes do concello. EN MARCHA

* Desenvolvemento de campañas anuais para unha maior concienciación cidadá nos diversos comportamentos ecolóxicos e creación dunha mascota que nos identifique.

* Creación dun centro de educación ambiental centrado no ciclo da auga.

* Seguir poñendo en valor as fontes e mananciais do conxunto do concello. FEITO

* Revisión e posta ao día de xeito consensuado de todas as ordenanzas medioambientais do Concello. FEITO

* Continuar cos foros de reflexión, análise e avaliación da Axenda 21. FEITO

> LUGO: UNHA CIDADE PARA AS PERSOAS

POLÍTICA PARA AS PERSOAS

* Aumentaremos o persoal para mellorar os equipos de atención primaria.

* Faremos un novo Centro Cívico en Montirón-Sanfiz e recuperaremos como Centro Cívico a antiga Escola de Enfermeiría. EN MARCHA

* Promoveremos a creación dunha residencia para maiores no actual edificio Materno-Infantil.

* Cederemos solo para que a Xunta de Galicia, ou outras iniciativas, poidan construir Residencias de diversas modalidades no municipio.

* Crearemos un Plan Municipal de Servizos Sociais para favorecer o desenvolvemento e aproveitamento dos recursos que ten o servizo.

* Melloraremos os Centros de Día, os programas de respiro familiar e a Axuda a Domicilio dando máis servizos aos usuarios. FEITO

* Estenderemos o servizo de comida a domicilio para as persoas que o necesiten. FEITO

* Seguiremos traballando conxuntamente coas asociacións para a total supresión de barreiras arquitectónicas no conxunto da cidade. EN MARCHA

* Potenciaremos as responsabilidades do Gabinete de Accesibilidade, que traballa para que Lugo sexa máis accesible para toda a cidadanía e, polo tanto, máis xusto.

* Potenciaremos a existencia de cupos de reserva para a formación e o emprego tendo en conta os diferentes tipos de discapacidade. FEITO

* Melloraremos as relacións coas asociacións dos distintos colectivos de persoas con discapacidade para deseñar e realizar as políticas propias de cada un deles. FEITO

* Consideraremos a discapacidade como vector transversal de atención preferente en todas as nosas liñas de acción política, aprobaremos un Plan de Promoción das Persoas con Discapacidade e adoptaremos as medidas necesarias para facer efectiva a igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.

* Primaremos as subvencións que as asociacións destinen a obras de accesibilidade dos seus locais.

* Seguiremos potenciando no medio rural os Centros Cívicos que contarán con Biblioteca, e a atención ás persoas con especiais dificultades mediante traballadores sociais específicos. FEITO

* Seguiremos traballando na integración dos inmigrantes, mediante plans de integración social, campañas de sensibilización dos axentes económicos e sociais, itinerarios de inclusión e formación de mediadores interculturais. Potenciaremos a oficina de atención aos inmigrantes e colaboraremos cos emigrantes retornados. EN MARCHA

* Seguiremos traballando para a integración das minorías étnicas como é o pobo xitano. FEITO

* Ofrecemos a total colaboración a entidades e administracións para a posta EN MARCHA da Lei de Autonomía Persoal e da Dependencia, e cumpriremos as competencias que son do Concello.

* Seguiremos coas políticas de prevención e atención á drogodependencia, que iniciamos coa creación dun Servizo Municipal específico. FEITO

* Proseguiremos as políticas de axuda ás familias mediante as ociotecas, a incorporación ás bonificacións no IBI e no consumo de auga segundo o número de fillos ao cargo. FEITO

* Crearemos o certificado Excelencia Social Empresarial que se outorgará a aquelas empresas que adopten especiais medidas para incentivar a conciliación laboral e familiar, a contratación de mulleres, a reserva de emprego a favor de persoas con discapacidade ou polo número de contratos laborais indefinidos.

* Incluiremos nas bases de contratación pública e nas políticas de axudas institucionais, os requisitos de excelencia social no ámbito empresarial. Políticas de igualdade

* Desenvolver o II Plan de Igualdade do Concello de Lugo segundo os criterios da Lei de Igualdade. FEITO

* Potenciar os foros de participación en materia de igualdade. FEITO

* Ampliar o programa de igualdade en colexios e institutos. EN MARCHA

* Seguir desenvolvendo o programa de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, ampliando o servizo de atención xurídica -que ofrecemos gratuitamente-, propiciando vivendas en aluguer, cursos de formación e itinerarios de inserción laboral e programas de vacacións para vítimas de violencia e os seus fillos. FEITO

* Continuaremos coa nosa aposta decidida a favor da igualdade e a non discriminación por razóns de identidade ou orientación sexual. FEITO

* Proseguir cos programas de atención psicolóxica e xurídica a mulleres prostituídas, así como a colaboración con outras entidades. FEITO

* Continuar cos programas de orientación laboral e inserción laboral, adaptados ás necesidades das mulleres do concello. FEITO

* Crearemos escolas infantís no Ceao e en Montirón-Sanfiz, e continuaremos potenciando os comedores esoolares, para favorecer a conciliación laboral e familiar. FEITO

* Dentro do propio Concello concertaremos as medidas legais necesarias que axuden á conciliación da vida familiar e laboral, tal como se recolle na Lei de Igualdade e no novo Estatuto da Función Pública. FEITO

* Seguiremos apoiando o deporte feminino. FEITO

Política deportiva

* Seguir mantendo a participación activa e os hábitos deportivos dos cidadáns, continuando coa nosa aposta polo deporte na rúa. FEITO

* Continuar apoiando a celebración en Lugo de eventos deportivos de carácter autonómico, nacional e internacional. FEITO

* Promover o deporte de base, deportes minoritarios e as estruturas dos clubes, asociacións e federacións radicadas en Lugo. FEITO

* Construír, en colaboración coa iniciativa privada e a Xunta de Galicia, un Complexo Acuático nos terreos dotacionais que lle corresponden ao Concello en Abella.

* Construír un novo vaso na piscina de Frigsa. EN MARCHA

* Crear, en colaboración coa Universidade e coa Xunta de Galicia, un complexo deportivo na zona de Montirón-Sanfiz.

* Colaborar coa iniciativa privada na construción dunha Cidade Deportiva nos terreos dotacionais das Gándaras.

* Establecer bolsas, mediante convenios coa iniciativa privada, para que os deportistas lucenses de elite poidan consolidar o seu futuro e non teñan que abandonar a cidade.

* A Tarxeta Cidadá vai permitir o acceso a todos os servizos dispoñibles nas instalacións deportivas cunha cota fixa ao mes.

* Incrementar a colaboración con outras administracións para a mellora das instalacións deportivas dos centros educativos, facilitando o seu uso fóra do horario lectivo. FEITO

* Continuar realizando pistas multiusos na zona rural, que permitan a práctica deportiva.

* Fomentar torneos e eventos deportivos especiais con motivo das festas, facendo da práctica deportiva unha forma de integración dos barrios e a zona rural. FEITO

* Continuar coa eliminación de barreiras nas instalacións deportivas e fomentar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade aos diferentes deportes.FEITO

* Comezar a cubrir ou construir pistas de tenis propiedade do Concello para potenciar o seu uso ao longo de todo o ano. EN MARCHA

Políticas de emprego, educación e xuventude

* Axilizar os trámites administrativos coa fin de promover a implantación de empresas e beneficiar aos innovadores e emprendedores, creando a Xanela Única Empresarial, que complete o actual Punto de Asesoramento e Inicio da Tramitación (PAIT) que existe no Centro de Empresas.

* Propiciar a adquisición de solo empresarial e de espazos industriais para que os novos emprendedores teñan facilidades para levar a cabo os seus proxectos.

* Seguir promocionando o Día do Emprendedor e organizar unha Semana da Universidade e as empresas da provincia que teña por obxecto establecer conexións entre o Campus e a actividade produtiva local e provincial. FEITO

* Apoiar o desenvolvemento de novos nichos de emprego, especialmente no denominado terceiro sector e os relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación. FEITO

* Incrementar a taxa de actividade feminina. FEITO

* Proseguir co impulso e modernización do mercado municipal e o mercado ambulante de Frigsa.

* Dotar aos traballadores autónomos dos recursos e estratexias necesarias para o seu desenvolvemento emprendedor.

* Proseguir cos programas de asesoramento laboral para os inmigrantes co obxectivo de facilitarlles os trámites requeridos a este colectivo. FEITO

* Proseguir, mediante convenios, co emprego de persoas con algunha discapacidade. FEITO

* Propoñemos a construción dunha cantidade de vivendas de protección para a mocidade, a posibilidade de acceso a unha hipoteca xove, cun interese baixo e con prezos asumibles, a eliminación dos gastos de escritura e taxas para a reforma.

* Continuar colaborando co IGVS na rehabilitación de vivendas no Centro Histórico para os máis novos. FEITO

* Potenciaremos a bolsa de alugueiro ofrecida por EVISLUSA, e trabalalremos para poñer en funcionamento unha serie de vantaxes para os propietarios que aluguen vivendas á mocidade. FEITO

* Fomentaremos as actividades deportivas, de lecer e de tempo libre, así como os cursos relacionados con estas actividades. FEITO

* Ampliaremos o marco de actividades do Programa de movida nocturna alternativa, Elixe a túa noite, tentando ofertar aquelas actividades que demande e elixa a mocidade. FEITO

* Ampliaremos as actividades lúdicas como o Arde Lucus, A busca do tesouro, actividades na neve, musicais, escénicas, culturais ou de maxia. FEITO

* Ampliaremos a rede de radares xuvenís que fan de interlocutores entre a mocidade e o Concello e tamén as Asesorías para a mocidade. FEITO

* Imos propoñer o estudo da viabilidade do autobús nocturno á Universidade en período de exames e o chamado Bus Búho para evitar a utilización do coche nas noites de movida. FEITO

* Continuar coa promoción da Casa da Música, que ademais terá unha oferta propia consensuada cos grupos lucenses. FEITO

* Actividades preventivas para evitar riscos da saúde. FEITO

* Procurar un espazo propio para a xuventude no centro da cidade. EN MARCHA

* Colaborar coa Universidade para potenciar o coñecemento da Unión Europea, así como impulsar programas específicos dirixidos á xuventude nos irmandamentos. FEITO

Políticas de novas tecnoloxías e innovación

* Elaborar e fomentar cursos e programas para que a cidadanía coñeza a aplicación das novas tecnoloxías. FEITO

* Creación dunha rede municipal de banda ancha, xunto coa iniciativa privada. EN MARCHA

* Facer que as xestións do Concello de Lugo poidan realizarse a través de Internet, implantando paulatinamente a Administración Electrónica. FEITO

* Desenvolver plans de formación e dinamización no uso da Administración Electrónica, tanto para a cidadanía como para os empregados municipais.

* Promocionar as distintas aplicacións de Internet a través da utilización da páxina web do Concello. EN MARCHA

* Establecer zonas wifi e puntos gratuitos de acceso a Internet en áreas significativas do concello, con facilidade de acceso a colectivos desfavorecidos. FEITO

* Facer que as novas tecnoloxías permitan non só un seguemento das políticas do Concello, senón tamén unha maior comunicación coa cidadanía polo que implantaremos totalmente a Tarxeta Cidadá. EN MARCHA





Estamos en YouTube
Fotos en Flirk
Visítanos en Facebook
IPSOE TV
Xuventudes Socialistas
Lugo10
Galisfera.net
Fundación Ideas para el progreso
Fundación Jacinto Calvo
Fundación Pablo Iglesias
PSOE
PSdeG-PSOE


PSdeG-PSOE
Rúa Salmón, 4-6, entlo, 27003 - Lugo
Tfno: 982.24.57.23
E-mail: contactar
Grupo Municipal Socialista
Praza Maior - 1, 27002 - Lugo
Tfno: 982.29.71.92
E-mail: contactar
Acceso restrinxido
Engadir a favoritos